Tuesday 30 de April de 2024

Aberto o prazo de preinscrición e renovación de matrícula para o Punto de Atención á Infancia


· Estas xestións poderán levar a cabo ata o 31 de marzo, incluído.

· A documentación pode presentarse a través da sede electrónica municipal ou no departamento de Servizos Sociais solicitando cita previa.

O Concello de Cariño abriu o prazo de preinscrición e renovación da matrícula para o curso 2023-2024 para o Punto de Atención á Infancia (PAI) ‘As Touliñas’. Así, os interesados en que os seus fillos ou fillas continúen no PAI e aqueles que desexen anotalos por primeira vez, terán ata o 31 de marzo, incluído, para facelo.
A documentación pode presentarse a través da sede electrónica do Concello (https://sede.concellodecarino.gal/opencms/gl/) ou no rexistro xeral da casa do concello.